Proba mixta |
Exame teórico dos contidos teóricos e prácticos presentados e desenvolvidos nas diferentes metodoloxías empregadas. As Prácticas de Valoración Motriz (PVM), que avalían os contidos presentados, e as competencias adquiridas, nas Prácticas de actividade física, tamén se inclúen dentro deste apartado. |
Simulación |
Os e as estudantes deberán preparar e expoñer contidos teórico-prácticos da materia, que serán presentados en sesión presencial diante do resto do grupo. |
Práctica de actividade física |
Desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos que incluirán os aspectos relativos aos criterios motrices de execución, á didáctica específica, á adquisición de competencia motriz nas habilidades, e á realización de tarefas para a adquisición das competencias requeridas da materia. |
Prácticas clínicas |
O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas polo PDI para tal efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión.
A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriormente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.
Estas prácticas tamén poderán realizarse mediante observación on-line de sesións, con outra estrutura (planilla) deseñada polo PDI a tal efecto. |