Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Physical Activity and Sports Research
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Document analysis A12 A35 B3 B7 B8 B9 B13 B17 B18 C1 C2 C3 C6 Realizaranse dúas análise de fontes documentais que terán un valor máximo de 3 puntos cada un. Na primeira valorarase a interpretación dos contidos dun artigo (en relación aos temas 1 e 2 da materia) e na segunda a interpretación do método utilizado na investigación realizada no documento científico (en relación aos 5 temas da materia). Os artigos deberán ser documentos indexados en JCR (Journal Citation Reports), SCOPUS ou en SPORT DISCUS e serán documentos exclusivamente en inglés, e nunca en castelan. 6
Research (Research project) A4 A12 A14 A18 A19 A23 A35 A36 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C6 Á presentación do proxecto e/ou desenvolvemento da investigación valorarase o problema de investigación elixido, os obxectivos e/ou hipóteses propostos, a introdución realizada, a mostra e a mostraxe realizados, o deseño elgido e a descrición e análise de datos realizada, a discusión e as conclusións obtidas e a bibliografía, todo iso presentado en formato de documento científico. A valoración máxima será de 10 puntos. 10
Mind mapping A35 B1 B3 B7 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C6 Valorarase a capacidade do alumnado de estruturar adecuadamente os contidos da materia. A capacidade de organización e a claridade de ideas tambien serán valorados (especial atención á inclusión dos contidos do tema 5). Realizarase a man. 6
Diagramming A4 A12 A14 A18 A35 B1 B2 B3 B7 B8 B11 B12 B13 B15 B17 B19 B20 C1 C6 C7 A sumar entre o dous esquema a presentar. O valor é dun máximo de 4 puntos por esquema. A coherencia interna será un factor crave á hora da avaliación. O primeiro esquema corresponderase aos temas 1 e 2 da asingatura (un esquema por cada subtema). O segundo esquema corresponderase cos temas 3 e 4 da materia (un esquema por cada subtema). Realizaranse a man. 8
Mixed objective/subjective test A4 A5 A12 A18 A19 A23 A35 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B17 C1 C2 C6 Dúas probas mixtas ao longo do curso. A primeira (cun valor máximo de 10 puntos, constará de preguntas curtas, e/ou de completar, e/ou de relacionar, e/ou preguntas de verdadeiro/falso, e/ou problemas) realizarase ao finalizar os temas 1 e 2 da materia, e a segunda (cun valor máximo de 60 puntos e constará de preguntas curtas, e/ou preguntas test e/ou problemas) Realizarase ao final do curso e incluirá os 5 temas da asingatura.

O importante á hora da valoración da primeira proba será demostrar coñecementos claros e firmes sbre os conceptos e contidos fundamentais sobre os que se evalua.

Na segunda proba valoraranse os contidos e conceptos fundamentais da materia. A capacidade de desenvolver cuestións teóricas e o ser capaz de levar á práctica o aprendido.
70
 
Assessment comments

Aos alumnos/as que cursen esta materia por primeira vez lémbraselles a necesidade de cumprir o 70% de asistencia para poder superar a mesma (tanto das clases teóricas como das prácticas). Así mesmo infórmase que é necesario obter, como mínimo, o 50% do exame final (superando tanto o 50% da parte teórica como o 50% a práctica) e o 50% da nota dos traballos en conxunto en para estar en disposición de superar a materia. O exame final constará de ata tres partes, dúas teóricas que serán preguntas curtas e/ou preguntas test, e/ou unha parte práctica que serán problemas a resolver.

A avaliación de a primeira e a segunda oportunidade é a mesma. Soamente os traballos, e non os exames ou probas mixtas gardaranse da primeira á segunda oportunidade dun mesmo ano académico, ou entre cursos académicos distintos (onde tamén se gardará a asistencia). Aqueles alumnos/as que non cumpran este requisito de asistencia obterán o apto na proba mixta e no conxunto de traballos cando alcancen unha cualificación igual ou superior ao 65% da máxima posible.

Un alumno considerarase non presentado cando non compareza á proba mixta final (exame) en ningunha das dúas oportunidades dun ano académico. En caso de presentarse a unha das dúas oportunidades da mesma convocatoria, o alumnado terá a súa cualificación correspondente.

A entrega dos traballos será, como prazo máximo, o día do exame á hora do exame, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de
suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.

Ademais,  segundo a Lei de
Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude
académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3
anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total
cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un
curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera
comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou
traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia
ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

En caso de matrícula parcial, estableceranse alternativas á asistencia de xeito individual, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

O exame presentarase ao alumno/a redactado no idioma de impartición da materia (isto é, castelán). Se algún alumno/a desexa unha copia do mesmo noutro idioma oficial da UDC, deberá solicitalo ao profesor coordinador con polo menos unha semana de antelación á data de realización. No caso dos traballos (metodoloxías), poderán
presentarse en calquiera dos idiomas oficiais da Universidade da
Coruña. O mesmo ocurre cos traballos da materia.

Ao realizarse probas on-line, empregaráse a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta.

En casos especiais e debidamente xustificados, existe a posibilidad
de realizar unha avaliación alternativa e/o a distancia. Cada un destes casos analizaráse de xeito individual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes