Sesión maxistral |
Impartición de contidos teórico-prácticos por parte da profesora. Sesiones síncronas presenciales e/ou telemáticas a través da plataforma Teams e utilizando os materiais de traballo depositados en Moodle. |
Discusión dirixida |
Debates coordinados pola profesora nos que os diferentes grupos de alumn@s cos seus correspondentes temas presentarán un traballo do mesmo que será obxecto de debate e discusión na aula e cuxo desenrrolo e conclusións deben rexistrarse por escrito e incluirse no portafolios da materia.
|
Portafolios do alumno |
Arquivador ou cartafol no que o alumnado recollerá cronolóxicamente todas as actividades de ensinanza-aprendizaxe realizadas ao longo do cuadrimestre: Diario de sesións coa definición de obxectivos, contidos e valorcaión persoal, traballos individuais e grupais, producións audiovisuais, resumos de debates realizados na aula, material de estudo entregado pola profesora, rexistro de sesións de traballo tutelado, entre outros. Este traballo servirá de guía e fundamento para o examen teórico e as coreografías finais.
|
Aprendizaxe colaborativa |
A partires de diferentes propostas os grupos traballarán na composición de diferentes coreografías de danza.
As coreografías grupais presentaránse nas sesións prácticas e recolleranse en formato audiovisual para a posterior visualización conxunta e a inclusión no portafolios.
|
Proba mixta |
Exámen teórico da asignatura que poderá inserir diferentes tipos de preguntas: desenrrolo, curtas, test, test de opción múltiple, asociar, ordear, completar, etc.
Neste exámen entran todos os contidos e actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, tendo especial importancia para a preparación tanto a asistencia diaria as clases como o seguemento da asignatura a través do portafolios. |