1. Todo o estudantado,incluídos os/as estudantes con dedicación a tempo parcial, opta pola Avaliación oficial DXD. A avaliación da materia consta de catro apartados que corresponden a catro competencias básicas: avaliación dos coñecementos achegados en sesións teóricas de aula (saber), avaliación dos procedementos teórico-prácticos (saber facer), avaliación das actitudes (saber estar), e avaliación da comunicación dos aprendizaxes do propio estudantado (facer saber).
2. Non se esixe asistencia para a avaliación pero valorase a participación activa.
3. Na Avaliación Oficial DXD, o estudantado deberá realizar os contidos mínimos seguindo as directrices da guía docente e das instrucións para a elaboración de traballos de avaliación da plataforma virtual UDC independentemente da 1ª ou 2ªoportunidade.
4. Mantemento de notas na segunda oportunidade e nas convocatorias posteriores
- Os criterios de avaliación son iguais para a primeira e segunda oportunidade. As partes aprobadas da materia manteranse durante as dúas oportunidades do mesmo curso académico e, si é o caso, durante a convocatoria adiantada de decembro
- Cada estudante deberá adaptarse aos novos criterios da guía docente do curso no que estea matriculado.
- Para manter as notas dun curso para outro, é necesario solicitalo no prazo establecido ao comezo do novo curso.
5. Dispoñibilidade dos idiomas en relación as probas escritas de avaliación
- O idioma no que se presentará/n a/s proba/s de avaliación será o galego. A solicitude do idioma da proba en castelán realizarase unha semana antes da convocatoria oficial.
6. Contemplase a posibilidade de opcións alternativas de avaliación para casos especiais xustificados e contemplados na normativa UDC.
7. Nas probas online, se empregará a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta.
8. Implicacións de plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación:
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".
9. Criterios de avaliación para todo o estudantado:
- A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem. Preguntas obxectivas, V/F, preguntas de resposta breve e unha pregunta de desenrolo dun tema breve. Aplicarase un factor corrector do azar. Os contidos da proba incluirán contidos de clase e a documentación complementaria da materia.
- Os criterios de avaliación de cada contido serán expostos en clase e serán publicados no Campus Virtual UDC.
- Os criterios que rexen a avaliación son os que garanten a consecución dos obxectivos do programa, cumprindo cos principios xerais de igualdade, equidade, seguridade documental e boa fe.
- A cualificación final obterase da media de todos os contidos, a condición de que cada contido alcance, como mínimo, o 50 % do seu valor.
- Establécese entre os requisitos necesarios para superar a materia, pasar correctamente os controis de seguimento, a defensa apropiada dos contidos a petición discrecional do profesor, e non cometer ningún erro grave respecto dos criterios de avaliación.
10. Presentación / entrega de traballos:
- Presentación total. Nos contidos que estean constituídos por varios traballos, terase en conta a presentación de todos eles para a elaboración da nota correspondente.
- A presentación de traballos en soporte dixital realizarase coidando aspectos formais de presentación, estruturais e de contido. Rexeitarase todo soporte dixital que non dispoña da identificación adecuada (nome e apelidos, código da materia, curso, índice de contidos e denominación oficial dos arquivos) ou cando o soporte dixital non teña traballada a súa presentación.
- Para valorar integramente os contidos, non poderán aparecer erros tipográficos nin faltas de ortografía. Os arquivos con formato ilexible non poderán ser avaliados.
- A entrega de traballos no Campus Virtual UDC e no prazo acordado son requisitos inescusables.