Práctica de actividade física |
Sesións prácticas de aparellado, cabuyería, técnicas básicas de seguridade, navegación e manobras en seco. Realizadas as mesmas o estudante deberá superar a puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 da correspondente proba mixta inicial, para obter a capacitación e acceso ás prácticas de navegación real sobre embarcacións colectivas en augas da Ría da Coruña dentro do calendario e horarios previstos.
Imprescindible roupa e calzado adecuados e comprensión do idioma castelán. |
Sesión maxistral |
Desenvolvemento do programa de contidos da materia.
Impartirase na aula náutica da UDC ou a través da plataforma Teams. |
Obradoiro |
Nós e materiais de construción e reparación en fibra de vidro. |
Esquemas |
Realización de esquemas-resumen de dous temas a proposta do profesor |
Proba mixta |
Realizaranse dous:
A primeira, previa á navegación práctica real: Será necesario superala con 5 puntos sobre 10 antes de ser admitido a prácticas de mar.
A segunda, na data prevista de exame aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba final, poderase dividir en dous exames parciais ao longo do cuadrimestre, sempre dentro do horario habilitado para a materia..
O alumnado coñecerá as datas de todas as probas cunha antelación mínima de 10 días. |