- Imprescindible a asistencia/participación activa a un mínimo do 70% das sesións teóricas e/ou prácticas presenciais, para obter unha avaliación positiva.
- O alumnado que teña concedida a Matrícula Parcial deberá asistir a un mínimo do 50% das actividades docentes programadas.
- Para superar a materia, todos os estudantes (matrícula ordinaria e matrícula parcial), deberán alcanzar unha nota mínima de 5 puntos (50%) do sumatorio de ambas as partes que compoñen a avaliación, sendo imprescindible obter una a cualificación de apto no exame de regulamento.
- A práctica da actividade física implica a asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións prácticas programadas. Os estudantes lesionados de longa duración, alternativamente ao plan xeral previsto, deberán presentar unha memoria de carácter documental e explicativa que recolla a actividade práctica desenvolvida polo resto de grupo
- A proba de ensaio estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC solicitarase unha semana antes da data de realización.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).
- Os criterios de avaliación para a 1ª e 2ª oportunidade, así como para sucesivas convocatorias serán os mesmos para todos os estudantes (matrícula ordinaria e matrícula parcial).
- As notas das partes superadas nunha convocatoria serán mantidas para as sucesivas.
- Os estudantes lesionados, que non poidan realizar o exame práctico, acordarán co profesor unha data alternativa de execución, ou ben un procedemento sustitutorio relacionado cunha análise observacional do comportamento técnico-táctico dun compañeiro.