Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
 Subjects
  Construction Space as Sustainable Heritage
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Facilitar ao estudantado os mecanismos precisos para profundar no coñecemento dos retos inherentes ao espazo construído considerado desde a óptica da sustentabilidade; recoñecendo os problemas e as oportunidades que xorden ao enfrontarnos cos diferentes tecidos e tipoloxías edificatorias, e expondo a aplicación de políticas de intervención en situacións complexas, desde o campo proyectual e técnico. Así mesmo, preténdese potenciar a formación das e os profesionais en equipos multidisciplinares integrando racional e eficientemente o uso de conceptos e técnicas procedentes das diversas áreas de coñecemento. AC2
AC10
AC11
BC1
BC3
BC5
BC7
BC9
CC2
CC4
CC6
Proporcionar os coñecementos precisos para enfrontarse coas intervencións de rehabilitación sostible no patrimonio construído, considerando as achegas tecnolóxicas, os criterios de selección de materias sostibles na súa produción e posta en obra e durabilidade, pero tamén, @teniendo en cuenta as solucións da arquitectura pasiva e a posta en práctica de solucións arquitectónicas que potencien o confort térmico e acústico, minorando o consumo enerxético. AC2
AC10
AC11
AC12
BC2
BC4
BC6
BC8
BC10
CC2
CC4
CC6
Proporcionar as ferramentas de avaliación para valorar a sustentabilidade dos tecidos e tipoloxías residenciais, co fin de aplicar as técnicas precisas e elixir as solucións acordes coa tipoloxía da edificación e a idiosincrasia do tecido no seu contexto urbano, de maneira que se adopten propostas coherentes nos aspectos urbanos, arquitectónicos e técnicos. AC2
AC10
AC11
AC12
BC1
BC3
BC5
BC7
BC9
CC2
CC4
CC6
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes