Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Estudos de Arquitectura |
Asignaturas |
Xeometría Descritiva |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Xeometría Descritiva | Código | 630G02003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B1 B4 B5 B12 C3 C4 C5 C6 C7 | É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios: 1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica (cualificación 35%) 2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe do alumno (cualificación 50%). Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos. Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica. Todos os exercicios son obligatorios entregándose na misma sesión do obradoiro. |
85 |
Proba práctica | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B4 B5 B12 C6 C7 | A superación da materia na primeira oportunidade será o resultado de avaliación continua. A calificación do curso quedará definida do seguinte xeito: 35% prácticas semanais 50% prácticas especiais. Será necesario alcanzar unha calificación de 5 en cada unha delas. 15% traballo CAD 1ª OPORTUNIDADE (XANEIRO) Realizarase unha proba final en xaneiro para todos os/as alumnos/as que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidad ou non superen algunha das prácticas especiais. Neste caso poderase presentar únicamente á que teña suspensa. Deben cumplir as condicións seguintes: - 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais. - Entrega do traballo en CAD A cualificación mínima da proba para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso. 2ª OPORTUNIDADE (XULLO) Realizarase unha segunda proba final en xulio para todos os/as alumnos/as que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidad. Esta proba comprenderá todos os contidos da materia. Deben seguir cumplindo as condicións seguintes: - 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais. - Entrega do traballo en CAD A cualificación mínima da proba para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso. |
0 |
Aprendizaxe colaborativa | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B4 B5 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Formularanse traballos en grupo que deberán desenvolver a man alzada e en CAD e TICS. As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s. |
15 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia na 1ª oportunidade e/ou 2ª oportunidad aquel alumnado que, de modo xustificado, non podan cumplir o 80% da asistencia e entregas de practicas e traballos tutelados, o profesorado definirá de xeito particularizado as condicions de avaliación. Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental. Dispensa académica: non se contempla, por ser unha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
|
|