Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Estudos de Arquitectura |
Asignaturas |
Construción 5 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Construción 5 | Código | 630G02033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A25 A26 B3 B11 C6 C7 C8 | Salvo causa xustificada, para poder aprobar a materia en calquera das oportunidades é obligatoria a asistencia aos eventos. | 0 |
Sesión maxistral | A14 A17 A19 A20 A21 A25 A26 A27 A31 A32 A63 B1 B4 B5 B6 B9 B10 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Para poder aprobar a materia en calquera das oportunidades é necesaria a asistencia de polo menos o 75% ás clases maxistrais. Unha vez completada a asistencia, gárdase en convocatorias posteriores. A aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo o establecido pola “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DO ESTUDIANTE DE GRAO NA UDC”; (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/05/212), requiriraselles o 50% da asistencia. A avaliación realizarase mediante a proba obxectiva presencial e as probas de resposta múltiple. |
0 |
Obradoiro | A14 A17 A19 A20 A21 A25 A26 A27 A31 A32 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Para poder superar a materia en calquera das oportunidades é necesaria a asistencia ás sesións interactivas (clases obradoiro e prácticas) como mínimo nun 80%, así como realizar as entregas parciais especificadas na programación do curso. A aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo o establecido pola “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DO ESTUDIANTE DE GRAO NA UDC”; (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/05/212), requiriraselles o 50% da asistencia. As entregas realizaranse na plataforma Moodle da UDC, e cada profesor poderá solicitar a entrega complementaria das mesmas en papel. A valoración da(s) práctica(s) realizada(s) non se restrinxe só aos contidos, senón que tamén se verificará a autoría das mesmas (ver observacións). Non haberá compensación entre esta avaliación e outras cualificacións da materia. Neste apartado valorarase, proporcionalmente á súa complexidade, todo o traballo desenvolvido dentro da materia (traballo de taller e/ou traballo específico sobre a materia). Valorarase sobre 10 e farase unha media, sempre que se obteña unha nota de cinco (5) ou superior, coa cualificación obtida na avaliación das clases maxistrais. Considéranse erros graves o incumprimento da normativa técnica, a ausencia de barreiras impermeables ou de illamento; pontes acústicas; especificacións erróneas de acristalamentos e carpintarías; pontes térmicas non resoltas ou a aparición de condensacións. Para o alumnado que acuda por primeira vez ao OBRADOIRO, será condición imprescindible ter entregadas todas as partes das materias que o integran. De non cumprirse esta condición, obterase a cualificación de "NON PRESENTADO". De acordo co establecido na memoria do Título, convocarase unha Xunta de Avaliación do Obradoiro, que analizará os resultados globais do mesmo e decidirá, se é o caso, casos concretos de avaliación do alumnado. En caso de non superar esta parte da materia, poderá ser recuperada na seguinte oportunidade. A cualificación de NON PRESENTADO non será recuperable. O alumnado que non supere esta parte da materia CONSTRUCCIÓN 5, integrada no OBRADOIRO 7C, nas dúas ocasións de cada convocatoria, deberá presentar, en convocatorias consecutivas, de novo e coas oportunas correccións, os traballos propostos no obradoiro naquel que participou, ata a súa superación. Isto aplicarase a todas as oportunidades e convocatorias. |
50 |
Proba de resposta múltiple | A25 A26 A27 A31 A32 C1 C3 | Realizaranse catro probas obrigatorias relacionadas cos temas desenvolvidos na materia. Requírese superar todas as probas de forma independente (obter un 5 sobre 10, unha vez aplicada a penalización correspondente), permitíndose tres intentos en cada unha delas, cunha penalización de dous puntos acumulados (primeiro intento: penalización 0 puntos; segundo intento: penalización 2 puntos; terceiro intento: penalización 4 puntos). Estas probas realizaranse dentro da plataforma de teledocencia Moodle da UDC. Salvo aviso previo do profesorado, a primeira oportunidade de cada proba realizarase durante o horario de clases expositivas. Unha vez superada esta parte (5 ou máis), a cualificación mantense durante a convocatoria (dúas oportunidades); isto se cumple para cada proba de forma independente. |
25 |
Proba obxectiva | A14 A17 A19 A20 A21 A25 A26 A27 A31 A32 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 C1 C4 C5 C6 C7 C8 | A proba obxectiva presencial na aula busca comprobar a capacidade do alumno para resolver problemas concretos aplicando as competencias propias da materia, así como recoñecer, identificar e concretar os materiais que utiliza habitualmente en arquitectura. Permítese o uso de ordenadores, libros e apuntes. Existen graves erros que inhabilitan ao alumnado para a superación da materia, como o incumprimento da normativa, a ausencia de barreiras impermeables ou de illamento; pontes acústicas; especificación errónea de acristalamentos e carpintarías; pontes térmicas non resoltas ou a aparición de condensacións. Para superar a proba, a puntuación mínima é de 4 puntos sobre 10. A nota desta proba (+ traballo titorizado e/ou puntuación de concurso) promedia coa de respostas múltiples, unha vez superada a nota de corte (4). Unha vez superada esta parte, a cualificación mantense durante a convocatoria. |
25 |
Traballos tutelados | A14 A25 A26 A27 A31 A32 B1 B4 B5 B9 B10 C5 C6 C7 C8 | Cualificarase de 0 a 3 puntos que se sumarán á nota obtida na proba obxectiva presencial. | 0 |
Observacións avaliación | |||
Utilizarase o método de AVALIACIÓN CONTINUA, o que significa que se controlará a asistencia a clase e que a cualificación se obterá da actitude e evolución do traballo do alumno ao longo do cuadrimestre que, por obxectividade, se reflicte na realización de probas teórico-prácticas (proba obxectiva e probas de resposta múltiples) e as entregas de todas as prácticas e traballos desenvolvidos dentro da materia. Isto permitirá comprobar que o alumno ten asimilado os contidos conceptuais, as competencias e os métodos de traballo propios da materia. CONDICIÓNS PARA TODAS AS OPORTUNIDADES: na avaliación do estudante nesta materia aplicaranse as seguintes condicións simultáneas para poder superala:
Aqueles alumnos que desexen participar, de xeito voluntario, nos concursos para alumnos que se plantexan no calendario do curso, obterán un punto, que se sumará á cualificación da proba obxectiva (exame teórico(, sempre que se supere dita proba. Os membros do equipo gañador obterán 2 puntos. IMPORTANTE: Para a obtención da puntuación, o alumnado deberá ter entregado a documentación mínima esixida nas bases do concurso, así como ter sido seguido por algún dos profesores da materia. CÁLCULO DA NOTA: unha vez cumpridas as condicións anteriores, realízase unha media entre a suma da nota da proba obxectiva (+ a nota do traballo tutelado + a puntuación obtida no caso de participar nos concursos voluntarios) con a media das probas de resposta múltiple. Esta cualificación promedia á súa vez coa nota da práctica. Se non se cumpren as condicións anteriores, aplicarase a mesma fórmula, pero a cualificación máxima queda restrinxida a 4,9 sobre 10. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia, na convocatoria extraordinaria. Na segunda oportunidade poderán recuperarse aquelas partes completadas pero non superadas durante o cuadrimestre. NON SE PODERÁ RECUPERAR OS NON ENTREGADOS OU NON FEITOS, que supoñen un "NON PRESENTADO" como cualificación da convocatoria. A falta de asistencia ou a non entrega dos traballos, a non realización de probas de resposta múltiple ou presenciais dará lugar á cualificación de "NON PRESENTADO" na convocatoria (en calquera das oportunidades). A docencia do alumnado de programas de mobilidade ou con convalidacións parciais poderá adaptarse a condicións pedagóxicas e de programación únicas, así como a traballos específicos tutelados. Os aspectos relativos aos contidos mínimos, datas de entrega, data das probas de resposta múltiple, entregas parciais e finais de prácticas e demais especificacións indicaranse nun documento que reflectirá a programación do curso, e que se entregará ao alumno ao comezo do cuatrimestre. |
|