Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Estudos de Arquitectura |
Asignaturas |
Paisaxe e Hábitat sostible |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Paisaxe e Hábitat sostible | Código | 630G02056 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Quinto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Cada semana introducirase un tema relacionado cos contidos da materia mediante presentación dos docentes. O alumno terá que complementar esa presentación coa lectura de extractos de bibliografía recomendada. |
Análise de fontes documentais | Unha parte importante do traballo na paisaxe consiste en seleccinar a recopilar a información e os datos relevantes. Por elo o alumno deberá familiarizarse cos instrumentos máis utilizados na disciplina. |
Aprendizaxe servizo | O obxectivo do proxecto de Aprendizaxe e servizo é facilitar a visualizar as demandas da comunidade local, de forma inclusiva e participativa, en canto a elaboración dunha proposta de rexeneración paisaxística do entorno de Lourizán, Pontevedra, tras a marcha do complexo industrial de Ence. O desenvolvemento do proxecto de ApS realizarase en colaboración coa Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) . A APDR nace a finais de 1987 como resposta á preocupación cidadá diante da grave situación de deterioro ambiental que sofre o medio natural na Ría de Pontevedra; trátase dunha asociación ecoloxista plural e aberta a todas as persoas que -con independencia da súa condición e ideoloxía- coincidan no interese pola recuperación e potenciación da ría e o seu contorno. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.). Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo. |
Actividades iniciais | A primeiras dúas semanas de clase consistirá na exposición dos contidos e o desenvolvemento da materia e o arranque dos traballos, coa visita ao ámbito e a primeira aproximación as fontes documentáis |
|