A asistencia regular (mínimo un 80%) será imprescindible para realizar o traballo tutelado e a proba mixta.
Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da asignatura. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade.
Os estudantes repetidores que en convocatorias anteriores teñan seguido o curso, entregado e aprobado o traballo, terán dúas opción que deben elexir ao comenzo do curso:
1 Cursar a asignatura como si fosen alumnos-as de primeira matrícula.
2 Cursar a asignatura sin facer o traballo. En caso de optar por esta segunda modalidade, a calificación final será, únicamente, a obtida na proba mixta.
Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.
Medidas para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Non se contemplan.
Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC: "A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobado, implicará directamente a calificación de suspenso (0) na materia da convotatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria".