Traballos tutelados |
A26 A28 A29 A34 A35 A37 A41 A44 A45 B2 B3 C2 C3 C5 C6 C7 C8 |
Os traballos, realizados en grupo, terán unha cualificación máxima de 3 puntos. Será preciso ter entregado os traballos para superar a asignatura. |
30 |
A asistencia regular (mínimo un 80%) será imprescindible para realizar o traballo tutelado e a proba mixta. Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da asignatura. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade. Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo. Medidas para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Non se contemplan. Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC: "A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobado, implicará directamente a calificación de suspenso (0) na materia da convotatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria".
|