Defensa do Traballo Fin de
Máster
O alumno realizará unha defensa
pública do seu traballo ante un tribunal, durante un tempo aproximado de 15
minutos. Na presentación se poderán utilizar tódolos recursos de apoio que se
consideren necesarios. Unha vez concluída a exposición, abrirase un turno de intervencións
para os membros do tribunal. O alumno haberá de contestar as preguntas e aclaracións.
Os estudantes disporán de dúas
convocatorias para a defensa pública do TFM, segundo o calendario oficial que
se publicará no momento pertinente. Para a avaliación dos TFM se constituirá un
tribunal e se fará público o lugar, o día e a hora para a defensa, así
como o calendario completo de defensas.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía
de Calidade, se terán en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
Enlaces a normativa:
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/titulos/normativa_grao_mestrado.pdf
http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/matricula_defensa_fin_grao.pdf