General description |
Esta materia divídese en dous bloques xerais, un deles pretende trasladar aos futuros mestres en Náutica e Transporte Marítimo diversos aspectos relacionados co salvamento marítimo e algunhas das técnicas empregadas para levalo a cabo. Esta primeira parte abranguerá dende un resumo da normativa aplicable e as súas peculiaridades, sinalando a actuación do Capitán ante sinistros e a seguridade na acción; pasando polo remolque e emprego de aeronaves ata un achegamento a esta industria e diferentes buques, etc.
O outro bloque centrarase no control das avarías a bordo, para isto estudiarase en primero lugar as súas causas e efectos. A continuación, repasaremos os compartimentos do buque, así como, a súa resistencia e achique. Describiránse certas técnicas para taponar o caso, parcheo de tubarías e apuntalar mamparos. Por último ollaremos o xeito de levar a cabo inspeccións e probas de estanqueidade así como os materiais de control de avarías. |