O sistema de avaliación descrito, constitúe a denominada avaliación
continua, e o alumnado que supere tódalas probas parciais cunha nota media
igual ou superior a 5 (incluíndo as prácticas avaliables) non terá que
presentarse ao exame final da primeira oportunidade, a non ser que desexe subir
a nota do curso. As probas avaliaranse en base 10, e a nota mínima para poder
compensar unha proba suspensa a hora de obter a nota do curso será dun 3,5. En
caso de obter nalgunha das probas unha nota inferior a un 3,5, a nota por curso
será de suspenso (nota máxima dun 4).
En caso de non presentarse a algunha das probas parciais, considerarase que
o alumno non está seguindo o sistema de avaliación continua descrito e será
avaliado por curso como non presentado.
O alumnado que non siga o sistema de avaliación continua descrito ou
suspenda a materia por curso, deberá presentarse ao exame final da convocatoria
oficial, no cal entrará a totalidade da materia. As probas parciais superadas
cunha nota maior ou igual a 5, librarán materia para o exame final da primeira
oportunidade, pero non para o da segunda oportunidade (o alumnado que deba
examinarse na segunda oportunidade deberá facelo da totalidade da materia).
O exame final (tanto da primeira coma da segunda oportunidade) constará de
dúas partes, unha de teoría e outra de práctica, que se corrixirán por separado
en base 10. Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes sexa igual ou
superior a un 3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso
de obter en algunha das partes do exame unha nota inferior a 3,5, a nota do
exame será de suspenso (máxima nota 4). En caso de non presentarse a algunha
das partes, a nota do exame será de cero.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia non se lle exixirá unha asistencia mínima
para poder presentarse as probas parciais, sempre e cando os profesores sexan
debidamente informados ao principio do curso. Asemade, deberá acordarse co docente
unha serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o longo do curso para
acreditar o seguimento da materia.
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW na
súa forma emendada, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en
conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades
de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando
así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
a convocatoria extraordinaria.