Prácticas de laboratorio |
A7 A14 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
Valorarase o traballo realizado en cada unha das sesións.
O alumnado con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia terá a opción de realizar un exame de prácticas. |
10 |
Proba mixta |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 B4 B8 C6 C9 |
Consistirá en varios exames sobre os contidos tratados ao longo do cuadrimestre, valorándose o seu coñecemento teórico e a súa aplicación á resolución de problemas. |
50 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADEA) PROBA MIXTA:- Consistirá en tres parciais de 5 puntos (máximo) cada un. Para aprobar a materia deberá obterse un mínimo de 2,5 puntos en cada un deles. Unha vez obtidos, a nota da proba mixta será a media das notas dos parciais.
- En caso de non aprobarse algún dos parciais, terase a oportunidade do exame final para aprobalos.
B) SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: - Consistirá nun conxunto de probas cunha valoración máxima conxunta de 3 puntos, cun mínimo de 1,5 para aprobar a materia.
- En caso de non aprobar as probas, o alumnado disporá dun exame de resolución de problemas na mesma data e horario que o do exame de prácticas (ver apartado C). Deberá aprobarse devandito exame para aprobar a materia.
C) PRÁCTICAS DE LABORATORIO/TIC:- Consistirá nun conxunto de tarefas de laboratorio e simulación por computador (TIC) de valoración conxunta máxima de 2 puntos, cun mínimo de 1 para aprobar a materia.
- En caso de non aprobarse as tarefas, o alumnado disporá dun exame de prácticas na data e horario estipulados polo centro. Deberá aprobarse devandito exame para aprobar a materia.
Detección de plaxios ou copia de traballos: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para as oportunidades segunda e adiantada.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADAManterase a nota obtida nos parciais, en solución de problemas e nas prácticas de laboratorio/TIC. O alumnado terá á súa disposición os correspondentes exames para aquelas partes non superadas (similares e coas mesmas condicións que os da primeira oportunidade).
O alumnado matriculado a tempo parcial ou que teña concedida a dispénsa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), realizará as mesmas probas de avaliación que o alumnado matriculado a tempo completo. Terá a opción de realizar un exame de prácticas de laboratorio/TIC en cada oportunidade.
Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
|