Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Ciencias Empresariais |
Asignaturas |
Análise das Operacións Financeiras |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Análise das Operacións Financeiras | Código | 650G01014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba mixta | 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados. 2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se publicar nada en contrario na páxina web da materia (Moodle) con 48 horas de antelación, o exame será escrito. 3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que fixe oficialmente a Xunta de facultad. |
Proba de resposta breve | 1. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas. 2. O exame pode ser oral ou escrito. De non dicirse nada en contrario na convocatoria da proba en Moodle, o exame será escrito. A súa duración é de entre 20 e 60 minutos. 3. O grupo pode subdividirse para a realización das probas en cuantos subgrupos considerense axeitados |
Sesión maxistral | |
Solución de problemas | 1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos. 2. As prácticas e exemplos se intercalan cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia. 3. Na solución dos exemplos prácticos o alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno. 4. Formularanse exercicios a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase unha revisión dos exercicios na que o alumno pode intervir e abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule sobre o contido destas . |
Seminario | É un total de 4 horas adicionais de docencia a impartir ao longo do semestre en pequenos grupos de estudantes. Realizaranse en tres sesións de 80 minutos nos meses de outubro, novembro e decembro respectivamente a través de Microsoft Teams e fóra do horario habitual de clase na data e hora acordadas co profesor. Os obxectivos do seminario son: a) Discutir co alumno calquera dúbida teórica sobre a parte de materia explicada ata ese momento b) Resolución de exercicios da parte de materia explicada ata ese momento |
|