Constará como presentado,en todo caso, o alumno que se presente á proba de avaliación final de carácter mixto .
Cualificación de NON PRESENTADO: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da puntación obtida.
Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na primeira oportunidade como na segunda e na convocatoria avanzada. En todos eles, o exame final valorarase en dez puntos, sendo necesario obter polo menos catro para superalo. Polo tanto, garántese a posibilidade de obter o 100% da nota en calquera das oportunidades de avaliación.
Os traballos, exames voluntarios e supostos realizados e entregados en prazo ao longo do curso terán un valor máximo de tres puntos. No caso de ter obtido algún destes puntos adicionais, sumaranse á nota do exame ata un máximo de 10 puntos.
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que comprende a roba objetiva , para as restantes probas acordarase un calendario especifico de datas compatible coa dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Está prohibido acceder al aula de examen con cualquier dispositivo que permita la comunicación con el exterior o el almacenamiento de información .El estudiante deberá acreditar su personalidad de acuerdo con la normativa vigente