Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Subjects
  Costs Accounting
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A10 A24 B4 B5 C1 C6 Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e cuestións prácticas. 70
Problem solving A1 A2 A3 A7 A10 A12 A13 A14 A16 A18 A23 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B14 C3 C4 C5 Presentación e entrega de pequenos problemas que terá que resolver por sí mesmo/a, e pequenas probas obxectivas nas que haberá de demostrar a asimilación dos termos básicos da materia e de diferentes procesos de cálculo das magnitudes esenciais do proceso de cálculo da Contabilidade de Custos. 25
Collaborative learning C1 C6 Asistencia a clase, participación nas clases, asistencia a conferencias, etc. Valorarase a calidade das súas opinións e aportacións. 5
 
Assessment comments

Criterios de avaliación na primeira oportunidade:

A
superación da materia precisará que o estudantado sexa valorado tanto
na sua participación na "solución de problemas", na "proba mixta" en na "aprendizaxe colaborativa".


Criterios de avaliación na segunda oportunidade:

A superación da materia precisará que o estudantado sexa valorado nunha "proba mixta" final cun peso do 100% da avaliación que incluirá cuestións teóricas e prácticas nas que o/a estudante terá que demostrar ter alcanzado as competencias e resultados da aprendizaxe da materia.

Outras consideracións:

- Cualificación de non presentado en calquera das oportunidades. Corresponde ao alumnado, cando so participe en actividades de avaliación cunha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

- Convocatoria
adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación:
consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións
teóricas e prácticas na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e resultados de aprendizaxe da
materia.

- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia. Poderá escoller ao inicio do cuadrimestre entre a avaliación xeral da materia exposta anteriormente, ou unha proba mixta cun peso do 100% sobre a
cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán
cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar
ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da
materia.

- Consonte a memoria de verificación dos graos da Facultade de Economía e Empresa, a asistencia a clase é obrigatoria, e terase en conta na avaliación final.

A cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).

CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN:

  • está prohibido o acceso ás aulas de exame con
    calquera tipo de dispositivo que permita a comunicación co exterior
    e/ou o almacenamento de información, excepto naqueles casos nos que
    o profesorado responsable da materia así o estableza.


  • O/a estudante haberá de identificarse antes do inicio da
    proba utilizando calquera dos medios aceptados pola Universidade da
    Coruña


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes