Descrición xeral |
A materia de atención temperá é unha materia de 6 créditos cunha asignación horaria total de 150 horas dividida en horas presenciais e non presenciais ou de traballo autónomo do alumnado fora do horario de clase, esta asignación horaria detallase no epígrafe de planificación da materia.
A atención temperá concíbese como a abordaxe das problemáticas , trastornos ou disfuncións que se poden presentar en nenos/as entre os 0-6 anos, ainda que na actualidade implementase a atención temperá ou estimulación do desenvolvemento tamén en poboación xeral dentro do curriculum da educaión infantil. Por eso nesta materia vanse abordar aspectos sociosanitarios e escolares dentro do ámbito da atención temperá, presentándose os aspectos fundamentais da materia tales como concepto, modelos, avaliación, intervención, e implementación nas aulas.
MODALIDADE PRESENCIAL:
O alumnado asistirá ás clases da materia establecidas no horario ordinario, e presentará as actividades establecidas para a superación da materia en forma e tempo, ademáis de facer a proba obxetiva que proceda. Empregaranse todas as metodoloxías indicadas no epígrafe correspondente
MODALIDADE SEMIPRESENCIAL:
O alumnado non asistirá ás clases da materia, solo se lle pedirá a asistencia a tres sesións: inicial de presentación da materia para establecer os fundamentos de traballo na mesma, unha sesión para exposición oral dun traballo, e a sesión para a realización da proba obxetiva.
Este alumnado terá a súa disposición todo o material oportuno da materia na plataforma moodle ou a través de sesións teams, según proceda. Esto inlcue as sesións sobre contidos coa explicación pertinente, e outros documentos, videos, etc, necesarios para o curso opotuno da asignatura.
Neste caso os traballos presentaranse todos de xeito individual e non haberá aprendizaxe colaborativa na aula.
Poderá empregar moodle ou teams para consultas
|