- Na entrega de traballos documentais, recoméndanse os envíos dos traballos telematicamente e se non é posible, non empregar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
- Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica
(ortografía, acentuación e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e
exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.
- No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo
parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo
profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de
dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se
desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas. É por iso que o alumnado baixo esta modalidade deberá comunicalo nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coa docente.
As metodoloxías que se teñan aprobadas na primeira oportunidade só se gardarán para a segunda oportunidade (xullo) do ano en curso.