A avaliación desta materia consistirá na presentación e defensa dun proxecto interdisciplinar, en grupos de dous ou tres persoas, e excepcionalmente de xeito individual. O traballo titorizado consistirá no desenvolvemento dun proxecto interdisciplinar, centrado principalmente en ciencias naturais e matemáticas. Valorarase a calidade do traballo en si (50%), a análise documental que presenta (15%) e a súa exposición oral (15%). Ademais, realizarase unha proba mixta (20%).
Se o/a alumno/a non alcanza o 80% das clases presenciais ou ten unha exención académica para a asistencia, deberán poñelo en conocimento das profesoras na primeira seman de clase, e avaliarase mediante as seguintes actividades: Traballo tutelado (25%); exposición oral (10%); análise de fontes documentais (5%), traballos propostos para a aula (20%) e proba mixta (40%). Todas as entregas deberán realizarse de xeito individual e nos mesmos prazos que o resto de estudantes.
Para aprobar a materia será necesario acadar unha puntuación de 4 sobre 10 en cada un dos apartados.
Importante: nos traballos presentados considerarase a corrección da expresión e da ortografía. Por outra banda, o plaxio será a causa da suspensión da actividade avaliada, en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS DE ESTUDOS DE BACHARELATO E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017.