O alumnado terá que realizar todas as saídas que se programen. Se por causa xustificada non a puidera facer co grupo, deberá facela individualmente, exceptuando aqueles casos que polas características non o permitan, polo que tería que realizar unha tarefa de contidos ou características semellantes.
Para superar a materia, o alumnado terá que superar cada unha das metodoloxías de avaliación, así como presentar os traballos coa debida corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica, tanto na expresión oral como escrita.
Na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Internet, sen
indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá
ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo
das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.
O alumnado con matrícula a tempo parcial será avaliado polo traballo tutelado e a proba individual, da mesma maneira que aqueles/as que non cumpran coa asistencia do 80%. Así mesmo, deberán seguir as indicacións da profesora para suplir a realización das saídas de campo. A nota final será a media das cualificacións obtidas, requiríndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.