O alumnado será avaliado a través dun traballo tutelado (70%) e do traballo sobre análise de recursos didácticos (30%) sempre que asista polo menos ao 80% das aulas presenciais (con todo, terase presente o contexto sanitario e a realidade do cuadrimestre).
Na realización do devandito traballo (así como de calquera outro), o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada esta causa de cualificación suspenso na devandita actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.
Así mesmo, recoméndase ter presente unha perspectiva de xénero na redacción do documento, non sendo aceptables faltas ortográficas. Igualmente, evitarase a entrega do traballo en formato papel, en favor do ecosistema, optándose polo formato dixital.
*Se o alumnado non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais, será avaliado por un exame (40%) sobre o temario da materia, e por un traballo tutelado (60%). Para aprobar deberá superar tanto o exame como o traballo.