Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía |
Asignaturas |
Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria | Código | 652602211 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Presentación na aula dos traballos tutelados propostos polo estudantado. |
Aprendizaxe servizo | Presentación da aprendizaxe adquirida con traballos tutelados orientados a necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, que se fará a algunha entidade colaboradora para proporcionar un servizo á comunidade. Esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o estudantado só realizará unha delas. O número de horas totais dedicado polo tanto a esta actividade será a suma das horas planificadas para cada unha, é dicir, 11 horas de traballo presencial e 21 horas de traballo autónomo. |
Traballos tutelados | Traballos realizados polo estudantado para afondar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías. A entrega dos traballos tutelados será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial. |
Prácticas a través de TIC | O/a estudante poderá comprobar a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas utilizaranse diferentes ferramentas propostas polo profesorado. A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial. |
Proba mixta | Proba de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da materia. |
Sesión maxistral | Exposición dos contidos teóricos da materia de acordo cos resultados de aprendizaxe. |
|