Proba de resposta breve |
A1 A2 A8 A10 A11 A14 A18 A22 A26 A27 C1 C3 C4 C7 |
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. |
40 |
Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade: Ao alumnado que participou nun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades: traballo tutelado (100%) ou exame (100%), entregado na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e no que se deberá demostrar o dominio dos contidos da materia. En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|