Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral |
Asignaturas |
Practicum |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum | Código | 652606606 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Discusión dirixida | Ten por obxectivo a reflexión e análise da experiencia de prácticas. Realízase en dous momentos que se corresponden coas sesiòns de seguimento e avaliación final do Practicum. As temáticas que van ser obxecto de discusión son os contidos que se específican no apartado correspondente desta guía. |
Portafolios do alumno | Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum. |
Sesión maxistral | Está destinada á presentación dos aspectos organizativos e currículares do Practicum (funcións do profesorado titor, duración, avalación e sesións de seguimento e final) e ofrece pautas sobre os aspectos a observar e analizar, establecendo conexións coas materias do módulo xenérico e especifico que aportan máis elementos para a observación e análise do que acontece a nviel de centro e de aula. |
Saídas de campo | A saída de campo corresponde coa estadía do alumnado no centro de Prácticas que se desenvolve en dous períodos: 11-12 de xaneiro e do 1 de febreiro ao 6 de marzo. Este período de formación permite : - Caracterizar á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivencial do centro e da aula. - Observar, e reflexionar, vinculando as achegas teóricas e legais das materias do Mestrado co a análise e reflexión do que acontece a nivel de centro e de aula. - Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica. |
|