Student portfolio |
Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum. |
Guest lecture / keynote speech |
Está destinada á presentación dos aspectos organizativos e currículares do Practicum (funcións do profesorado titor, duración, avalación e sesións de seguimento e final) e ofrece pautas sobre os aspectos a observar e analizar, establecendo conexións coas materias do módulo xenérico e especifico que aportan máis elementos para a observación e análise do que acontece a nviel de centro e de aula. |
Field trip |
A saída de campo corresponde coa estadía do alumnado no centro de Prácticas que se desenvolve en dous períodos: 11-12 de xaneiro e do 1 de febreiro ao 6 de marzo.
Este período de formación permite :
- Caracterizar á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivencial do centro e da aula.
- Observar, e reflexionar, vinculando as achegas teóricas e legais das materias do Mestrado co a análise e reflexión do que acontece a nivel de centro e de aula.
- Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica.
|