Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral | Código | 652606621 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A23 C1 C3 | A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica. |
5 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A32 A33 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. Para a súa avaliación proporcionanse dúas rúbricas, nas que se detallan as dimensións a avaliar, os niveis de logro e os criterios de cualificación. As rúbricas entreganse coa proposta de traballo tutelado. Tamén se avalia a participación e contribución de cada unha das persoas do grupo. A través dun proceso de coavaliación, e de xeito consensuado, asígnase a cada membro do grupo unha porcentaxe (de 0 a 100). A cualificación obtida por cada unha das persoas do grupo é o resultado de aplicar esta porcentaxe sobre a cualificción obtida na programación e na unidade didáctica. |
70 |
Portafolios do alumno | A15 A16 A17 A19 | Os referentes para a avaliación son os resultados de aprendizaxe, os obxectivos do traballo tutelado e a utilización de fontes bibliográficas que afonden nas temáticas abordadas na materia. | 25 |
Observacións avaliación | |||
ASISTENCIA A asistencia ás sesións é obrigatoria, e está xustificada en base a que as clases son moi interactivas e se traballa aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta materia non procederá a dispensa de asistencia do alumnado. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula. REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas actividades que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no traballo tutelado e no portafolio. Na avaliación da segunda oportunidade recupéranse as actividades non superadas. A non realización dalgunha das actividades de avaliación implica a cualificación de Non presentada É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA máis actuais. Co obxectivo de visibilizar as achegas das autoras, escrbirase o neme completo dos autores e autoras. Plaxio O plaxio será motivo de suspenso. Así o establece o artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC - https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf - http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual |
|