ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil de moodle.
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados os traballos entregaranse en formato dixital.
CARGA DE TRABALLO
A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 216 horas de traballo fora da aula. Polo tanto, cómpre unha boa planificación e xestión do tempo. |