Workshop |
Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos, elaboración conxunta de materiais, exposicións etc. En ocasións poderán ter como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras. |
Supervised projects |
As profesoras propoñerán nas primeiras sesións uns temas de traballo, relacionados con algún aspecto da materia, para seren desenvolvidos individualmente nun traballo escrito que deberá ser entregado na data marcada a principios de curso. Neste traballo o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos ao longo das sesións da materia.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido, así como a clareza expositiva e expresiva. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición e explicación de contidos e reflexións para propiciar o posterior traballo autónomo do alumnado. |