Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a
materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe.
Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na cualificación global da
mesma.
Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se
realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar
a docencia da materia.
O alumnado que durante o curso perda a condición de
asistente (80% da presencialidade nas sesións) terá que realizar as actividades
restantes de forma individualizada.
Para o alumnado que por motivos xustificados non poda
asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar
pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.
É obrigatorio que o alumnado
baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do
cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes.
A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado
que ben no superase a materia ou ben que non se presentase.
- No
primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de
xuño), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non
aprobou.
- No segundo caso (alumnado non
presentado) realizará as actividades de avaliación continua.
Nos dous casos é preciso entregar as actividades con
data límite dúas semanas antes da data oficial do exame de xullo de 2023, na
que terá lugar, si é o caso, a presentación oral da investigación.