Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais |
Asignaturas |
Educación e linguas en Galicia |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Educación e linguas en Galicia | Código | 652611003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 1.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A13 C1 C4 | Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais. | 30 |
Estudo de casos | A13 | Traballo crítico con supostos prácticos, individual ou grupalmente. | 30 |
Foro virtual | A13 C1 C4 | Participación através do Moodle na construción do glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese. No caso de que esta metodoloxía fose adaptada, a súa porcentaxe na avaliación será asumida polos estudos de caso e a proba de ensaio. |
30 |
Lecturas | A13 | Elaboración de informes de lectura segundo as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios aos informes das/dos compañeiras/os. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 na proba obxectiva. As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado). Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba obxectiva. Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC. |
|