1.- Para poder ser
calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos
esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON
PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de
aprendizaxe.
2.- Para superar a materia é imprescindible ter acadado un mínimo de 25 sobre 50 nas probas individuais (proba mixta e traballos tutelados) e de 25 sobre 50 nos traballos en grupo (recensión, presentación e portafolio). En caso contrario, a cualificación
será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.
3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas
de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.
4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento
da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso
para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas,
non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,
establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas
circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios de
avaliación:
- Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía
básica, que deberá ser acordado coa profesora a inicios de curso para a
convocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para a
convocatoria de xullo (30%).
- Proba mixta (70%).
As pautas e criterios de avaliación están recollidas no Documento
de Actividades de Avaliación colgado no Moodle.
5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter
unha asistencia mínima do 80%.