Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, a asistencia ao 80% das sesións será obrigatoria. Non só será suficiente a asistencia, senón que tamén se computará a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que medien entre eles.
Segunda oportunidade: o estudiantado que asistiu a o 80% ou máis das sesións na primeira oportunidade manterá as cualificacións que acadaron a puntuación mínima indicada polas docentes. Deberán repetir as partes da avaliación que non alcanzaron ese mínimo.
O alumnado que non asiste ao 80% das horas de clase na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas oportunidades: haberá unha proba (100%), na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Será necesario aprobar as duas partes, a teoría e a práctica, para superar a materia e para facer media entre elas.
En ambas oportunidades e modelos avaliativos a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
Nesta materia, non se admite a exención académica da exención de asistencia, salvo nos casos previstos no apartado "Atención personalizada".
As metodoloxías de “Práctica de actividade física” , "Actividades iniciais" e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”, "Análisis de fontes documentais" e "Discusión dirixida").