Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria a participación nun 80% das sesións da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.
Segunda oportunidade: ao alumnado que asista a máis dun 80% das sesións na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcancen a puntuación mínima sinalada pola profesora. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcancen ese mínimo.
En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.
O estudantado que non asiste ao 80% das clases na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Para facer media entre os contidos teóricos e prácticos haberá que aprobar cada parte.
NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” , “Saídas de campo” e "Simulación" están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, "Presentación Oral", “Traballos tutelados” e “Probas de resposta breve”).