Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Atención temperá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A9 A15 A29 B5 O alumnado realizará un plan de prevención e/ou intervención para distintos tipos de factores de risco e alteracións no desenvolvemento. 20
Presentación oral A15 B9 C3 O alumnado presentará o plan de intervención realizado en grupo pequeno na aula, e propoñerá unha serie de cuestións para o debate e a participación. Valoraranse tanto os aspectos formais como os de contido e os relativos á exposición. 40
Portafolios do alumno A17 B1 B4 C8 Cada alumno aprenderá dos demais compañeiros e compañeiras do grupo pequeno a identificar e avaliar outros tipos de alteracións. Valorarase a participación activa en clase.
O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. Para facilitar a autoavaliación, o alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou cualificacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros.
40
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non ás clases, hai dúas modalidades de seguir a materia de "Atención Temperá" que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final.


Modalidade A: Avaliación Continua. Nesta modalidade levará a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só poderase faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B), sendo imprescindible ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula. Esta avaliación levarase a cabo a partir de: 

a) Cada alumno presentará o seu portafolio, que incluirá os resumenes e as actividades prácticas do grupo. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as actividades e prácticas propostas e participar no traballo presencial e presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Puntuarase tamén a participación activa en clase. Isto representa un 40 % da cualificación.
b) A exposición oral do plan de intervención representa un 40% da cualificación. Será avaliada tanto polo docente como polo grupo-clase.
c) Cada grupo pequeno presentará un plan de intervención para distintos tipos de factores de risco e alteracións no desenvolvemento. (20% da cualificación) 
 Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar e participar de todas as actividades e tarefas propostas para cada tema mencionadas nos puntos a, b e c. Encada actividade terase que superar o 50 % da cualificación. 
Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas.

Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas.


1ª CONVOCATORIA: 2ª OPORTUNIDADE

Na Modalidade A, teranse que entregar as actividades que non se realizaron ou non superaron o 50%. A modalidade B mantense igual.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorias seguirase a Modalidade B de avaliación final, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes