1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:
Opción A.
Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas
actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración do traballo tutelado (30%).
b) Exame de resposta múltiple (30%).
c) Portafolio grupal dixital (40%).
Opción B.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a
normativa.
Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase
mínima do 80%:
a) Elaboración individual do traballo tutelado
(50%).
b) Exame de resposta múltiple (50%).
2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:
1- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do
50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos
tutelados, portafolio dixital e proba de resposta múltiple).
2- O traballo tutelado e o portfolio presentarase antes da data
do exame oficial.
3- A convocatoria de xullo está sometida aos mesmos criterios
que a convocatoria de xuño.
4- Os traballos do alumnado deberán ser orixinais. Calquera
traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación na convocatoria
correspondente. A efectos de avaliación, un mesmo traballo non
pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas
de forma coordinada.
|