Traballos tutelados |
A9 A23 B15 B21 B22 B25 C7 |
Ao longo do curso, semana a semana, haberá que elaborar un traballo sobre o tema ou contido correspondente, o cal deberá ser entregago a través da plataforma Moodle.
As entregas periódicas terán carácter obrigatorio e, tanto os seus contidos como entregas serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento da materia. |
30 |
Sesión maxistral |
A10 A24 B16 B19 |
Ademáis da asistencia activa (atenta, interesada) ás clases maxistrais, os contidos explicitados na exposición dos temas nas clases durante estas sesións serán avaliados e tidos en conta nos traballos tutelados cos que se planifica e avalía a materia. |
20 |
Lecturas |
A9 A10 A14 A15 A24 B23 B24 C6 C7 C8 |
As lecturas deberán reflexarse nos traballos tutelados, tanto no que respecta á conformación de contidos como de referencias.
Asemesmo, tamén poderán ter reflexo nas discusión ou debates.
Ademáis, ao longo do curso aconsellaranse varias lecturas, dependendo a súa obrigatoriedade da disponibilidade de tempo que permita a planificación das demáis metodoloxías. |
15 |
Análise de fontes documentais |
A13 B22 B25 C6 C7 C8 |
Esta é a parte ou compoñente principal para conformar axeitadamente os contidos dos traballos tutelados, polo que avalíase a procura, interese, intensidade e profundidade no análise das fontes de información e documentais. Polo que a súa avaliación é a fundamental dos traballos tutelados. |
30 |
Esta materia está plantexada para ser cursada mediante o traballo por parte do alumnado na investigación e elaboración de contidos, análises, etc. Asemesmo, trátase dunha avaliación continua. Polo tanto, a súa planificación e desenvolvemento céntrase no segumento a través dos traballos que deben desenvolverse semana a semana, en base aos contidos da materia, e que deben entregarse seguindo as instruccións do profesor. Sendo por tanto o seguimiento, participación, realización e entrega dos traballos os pilares do curso. Entenderase por avaliación suficiente para superar a materia na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas. Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua. Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba ou examen (oral ou escrita), no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico. O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua. Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.
|