Análise de fontes documentais |
Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles sós partindo dalgunha indicación. Teranos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan. |
Sesión maxistral |
Na que a profesora explicará diferentes contidos teóricos do programa. |
Traballos tutelados |
Haberá unha serie de traballos de diferente nivel de esixencia, que realizarán ao longo do curso baixo a tutela da profesora |
Proba mixta |
Terán que demostrar que teñen adquiridos os coñecementos propios da materia, así coma capacidade de relacionar a teoría e a práctica |
Portafolios do alumno |
É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno.
O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Propiciarase a asistencia a algún evento que se realice na Universidade e que redunde na súa formación. |