Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das sesións da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.
Segunda oportunidade: ao alumnado que participe en máis dun 80% das sesións da materia na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.
O alumnado que non participe nun 80% das sesións da materia (xa sexa alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades. Realizarase unha proba (100%) na data marcada oficialmente pola
Universidade de A Coruña na que se deberá demostrar o dominio dos
contidos teórico-prácticos da asignatura. A proba mixta terá dúas partes e será preciso aprobar ambas para facer media e superar a materia.
En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
NOTA: as metodoloxías
de “Práctica de actividade física” e “Saídas de campo” están suxeitas á
posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de
seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de
aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas
metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión
maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta
breve”).