Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Dificultades de aprendizaxe |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Dificultades de aprendizaxe | Código | 652G02027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A2 A3 A6 A64 B7 B16 | Exame sobre os contidos teóricos da materia. Incluirá preguntas tipo test e preguntas de resposta aberta. | 30 |
Portafolios do alumno | A3 A6 A14 A47 A48 A64 B4 B15 B16 B21 B22 B23 C4 C7 | Dosier onde se recollerán as actividades traballadas nas sesións interactivas. | 70 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado que asista a un mínimo do 80% das sesións interactivas acollerase ao réxime de avaliación de presencialidade. Este tipo de avaliación basearase na realización dunha serie de actividades e traballos prácticos que se irán desenvolvendo ao longo do curso e que o alumnado presentará (na data indicada polo docente) nun dosier de prácticas. Este dosier computará o 70% da cualificación final da materia. O outro 30% da cualificación corresponde a unha proba de tipo mixto (preguntas tipo test e de resposta curta) sobre os contidos abordados nas sesións expositivas. Para o estudantado que consiga a cualificación de "Apto" no dosier, a proba mixta terá un carácter voluntario (é dicir, esta proba non sería un requisito indispensable para aprobar a materia, pero, quen opte por presentarse a ela, deberá aprobala para poder superar a materia). Os/as estudantes que asistan a menos do 80% das sesións interactivas (réxime de avaliación non presencial) serán avaliados mediante unha proba mixta sobre os contidos abordados nas clases expositivas, que computará o 50% da cualificación, e mediante un exame práctico sobre os contidos desenvolvidos nas clases interactivas, que computará o outro 50% da cualificación. É imprescindible obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes para superar a materia. O estudantado con recoñecemento de dispensa académica por parte da Facultade de Ciencias da Educación será avaliado mediante un exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia, que computará o 100% da cualificación (o 50% corresponde ao exame de contidos teóricos desenvolvidos nas sesións expositivas, que será una proba mixta; e o outro 50%, ao exame de contidos prácticos, desenvolvidos nas sesións interactivas. É imprescindible obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes para superar a materia). OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: Para o alumnado presencial: 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier de prácticas e proba mixta, no caso de que decidan presentarse). 2. O dosier presentarase antes da data do exame oficial. Para todo o alumnado: 1. A convocatoria de 2ª oportunidade de avaliación estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de 1ª oportunidade. 2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel/a estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no Art. 14.4., a realización fraudulenta das probas e/ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "Suspenso" (0) na convocatoria correspondente, invalidando así calquiera cualificación obtida nas actividades de avaliación na convocatoria vixente. |
|