Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa | Código | 652G03002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Presentación comprensiva de documentos multitextuais e análise e reflexión sobre o seu contido en relación con procesos participativos e propostas, perspectivas, experiencias e proxectos estudados. |
Aprendizaxe colaborativa | Traballo en equipos, presencial ou on line, para contrastar puntos de vista sobre a información extraída dos documentos, realización de resumos analíticos e aplicación a estudos de caso e resolución de problemas. |
Estudo de casos | Selección de casos (experiencias, proxectos, etc) para analizar e reflexionar sobre a súa vinculación cos contidos da materia. Presentación de casos e/ou experiencias participativas na Galicia formando parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social". Con unha finalidade dupla: Visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo. Achegar praxes profesionais vencelladas á paricipación de diferentes colectivos na Galicia |
Discusión dirixida | Posta en común do traballo de análise e reflexión realizado polos equipos sobre os documentos multitextuais e os casos estudados formulando argumentos con diferentes perspectivas tendo en conta a diversas propostas estudadas na materia. |
Traballos tutelados | Traballo en equipo que implica a realización de traballo de campo en escenarios socioeducativos, aplicando a metodoloxia de estudo de caso ou a análise de documentos multitextuais e a recollida de datos mediante medios dixitais. Esixe asistencia obrigatoria ás titorías planificadas para guíar o proceso. |
|