Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clase impartidas polas profesoras, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo. Nalgúns casos, poderase complementar a información con exemplos prácticos e/ou recursos audiovisuais.
Neste materia, o alumnado terá as referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición das docentes.
|
Prácticas a través de TIC |
A metodoloxía empregada é a Análise da información informatizada. E dicir, emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o deseño do instrumento como recollida e análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.
|
Estudo de casos |
Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 1 e 2 dos contidos da materia.
Presentarase ao alumnado un caso práctico por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución das diferentes partes dun caso. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único que denominará “Técnicas de Recollida da Información”, e que será entregado na data estipulada polas docentes.
|
Solución de problemas |
Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 3 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas e o traballo autónomo para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único, que denominará “Análise da Información” que será entregado na data estipulada polas docentes. |
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Aprendizaxe colaborativa |
Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como análise de fontes documentais, estudio de casos, solución de problemas, prácticas a través das TIC etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (entre 5-6 persoas. NON SE ADMITEN OUTRAS POSIBILIDADES), e lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.
|
Proba mixta |
Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:
a) Parte técnicas: refírese aos contidos teórico (sesións expositivas) abordados polas docentes ao longo dos temas 1 e 2 polas dos contidos da guía docente.
b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 3 do apartado contido desta materia.
As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS.
Dado que existen dúas partes (Técnicas e Análise), será IMPRESCINDIBLE para superar a proba mixta acadar, como mínimo, acadar a metade da calificación en cada unha das partes (por exemplo, se cada parte ten un valor de 5 puntos, deberá acadar un mínimo en cada una das partes).
A materia supérase cando se supera todas as partes e NUNCA se gardará algunha das partes para outras convocatorias (é dicir, se o/a estudante presencial non supera a proba da 1ª convocatoria, deberá someterse á proba final cun peso do 100% e, polo tanto, non se lle terá en conta a cualificación do dossier de avaliación continua).
|