Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Técnicas de recollida e análise da información |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de recollida e análise da información | Código | 652G03026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A19 B2 C1 | Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías, como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 3. As docentes presentarán os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicarán con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas presentarán prácticas guiadas para que o alumno/a as realice. PARA TODO ISTO, O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ás docentes no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de análise da información”. |
25 |
Proba mixta | A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 | O exame da 1ª e 2ª convocatorias (xuño e xullo) é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes: 1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesoado). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende). 2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí. En ambas partes (parte Técnicas e parte Análise) as preguntas incorrectamente contestadas restarán. As docentes, antes de finalizar o período lectivo poderán realizar un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria NOTAS ACLARATORIAS: O exame debe estar aprobado para que se teña en conta a avaliación continua. Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes requisitos: (a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e (b) que se chegue, como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes (parte técnicas e parte análise). Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) ou ben se non se supera a avaliación continua (dosiseres), o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS. A data dos exames das convocartorias están marcados por Xunta de Facultade, por lo tanto, non se moven. |
50 |
Estudo de casos | A6 A13 A21 C1 | Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 1 e 2). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión das docentes. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 1 e 2. As docentes presentarán ao alumnado os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. O alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de recollida da información”. |
25 |
Observacións avaliación | |||
Na avaliación da materia (exposta no apartado a) ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou A avaliación destes alumnos ten en conta o Todo o alumnado ASISTENTE OU PRESENCIAL debe b)ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE |
|