Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Logopedia |
Asignaturas |
Fundamentos de intervención logopédica |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de intervención logopédica | Código | 652G04005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral do profesor na que se traballarán os contidos que compoñen o marco teórico, complementada co uso de presentacións e soportes audiovisuais, así como a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, a fin de que a aprendizaxe ten un carácter máis dinámico e permite a participación dos alumnos. A estrutura das sesións maxistrais rexerase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, teoricamente introducindo cada un dos temas e subtópicos; ofreceranse bibliografía e documentación adicional aos estudantes para afondar na materia; e o traballo teórico complementarase en cada sesión con actividades prácticas. |
Análise de fontes documentais | Actividades destinadas a que os estudantes realicen a lectura crítica e a análise das distintas fontes documentais de calidade relevantes. |
Estudo de casos | Presentaranse casos para introducir ao alumnado no manexo de datos clínicos, térmos específicos e metodoloxía de intervención logopédica. |
Presentación oral | Exposición verbal de todas as actividades realizadas na materia, a través das cales o alumnado e a docente interactúan plantexando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Portafolios do alumno | Inclúe todas as actividades realizadas polo alumnado. |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación de coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou asociación. Tamén se pode construir cun só tipo de algunha destas preguntas. |
|