Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Empregarase para os temas de maior complexidade do temario.
Durante o seu desenvolvemento, integraranse de xeito puntual metodoloxías de discusión dirixida.
No caso de que a matrícula do estudiantado non posibilite a súa realización presencial, será sustituida por clases expositivo participativas en tempo real a través da ferramenta Microsoft Team e/ou clases coa presentación audio previas. Se complementan con actividades dirixidas ao alumnado, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e integrar coñecementos.
|
Workbook |
Durante o curso o alumno realizará a lectura de catro artigos seleccionados, complementarios aos contidos desenvolvidos no aula, e que reforzarán o traballo durante o curso.
O alumno deberá cumplimentar un cuestionario de cada lectura a través da plataforma moodle, respostando a unha serie de cuestión formuladas polo profesor. |