Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático; b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores.
RECOMENDACIÓNS XERAIS: 1. Asistir ás sesións presenciais/telemáticas. 2. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso. 3. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas. 4. Preparar de forma adecuada a presentación oral do traballo.
|