Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos
obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green
Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta
materia: De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizarase impresións a dobre cara. - Se emplegara papel reciclado. - Evitásese imprimir borradores. Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. |