Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Métodos informáticos para persoas con discapacidade |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos informáticos para persoas con discapacidade | Código | 653G01209 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A11 A13 A19 A20 B5 B7 B21 B22 C3 C6 | Valoración das prácticas a través do Campus virtual. Deberán ser entregadas a través do Campus Virtual nos prazos definidos. Para a aprobación da materia, é necesaria a entrega de todas as prácticas. Só, se permite unha única entrega, a cal se considerará definitiva e a que supoñerá a cualificación final. Non todas as practicas teñen a mesma ponderación, xa que depende da complexidade e tempo de dedicación. A entrega parcial da práctica supoñerá unha redución da cualificación, que se valorará en función do criterio do docente. |
40 |
Presentación oral | A11 A19 A20 A25 A26 A30 B5 B7 B21 B22 C3 | Exposición do traballo final dunha duración de 10 minutos. A valoración será global para cada grupo. | 10 |
Sesión maxistral | A11 A25 A26 A30 B22 | A asistencia é obrigatoria. Tamén, se valorara a participación e actitude colaborativa. | 10 |
Traballos tutelados | B21 B22 C2 C3 C6 C7 | Valorarase tanto a asistencia ás clases prácticas como os traballos realizados e o traballo especial. Valorarase o traballo realizado para o traballo final tanto de forma grupal e individual durante todo o curso. |
20 |
Proba obxectiva | B21 C3 C6 C7 | É obrigatorio a realización dos cuestionarios asociados as temáticas das sesións maxistrais. Os cuestionarios serán realizados ao final de cada sesión maxistral. En casos especiais, o alumnado poderá realizar un cuestionario global ao final da materia. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que o estudante ten por materia. Para a realización do cuestionario global, o alumnado ten que xustificar a imposibilidade de realizar os cuestionarios na data establecida. Son os docentes os que avaliarán a posibilidade de realizar o cuestionario global. O sistema de 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte
En caso de non superar a materia na primeria oportunidade, deberanse entregar os mesmos traballos na segunda oportunidade contactando previamente co profesorado para valorar a situación particular. O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria |
|